Saturday 27 de April de 2024

A primeira fase das obras de ampliación do cemiterio entran na recta final co revestimento dos panteóns en granito


O proxecto completo prevé a construción de 1.824 nichos e 256 columbarios

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, achegá-ronse hoxe ata o cemiterio municipal, onde veñen de comezar os traballos de revesti-mento dos panteóns. A colocación da pedra, adxudicada á empresa Sonense de Grani-tos por 297.930,63 euros, pon fin á primeira fase das obras de ampliación, que estiveron marcadas, por unha banda, polos problemas de escaseza de materiais, que obrigaron á empresa construtora a parar os traballos durante semanas, e, por outra, pola suba de prezos, o que obrigou a realizar este novo contrato específico para o revestimento.

Nesta primeira fase acometeuse a construción de 720 e 96 columbarios, distribuídos en catro alturas e con acabados en pedra natural, mantendo o modelo existente. Así mes-mo, en cumprimento da lexislación autonómica sobre sanidade mortuoria, nesta primei-ra fase tamén se instalou un forno incinerador para a eliminación de roupas, útiles, ma-deiras e demais residuos procedentes da evacuación e limpeza de sepulturas ou do propio cemiterio. A intervención, que supuxo un investimento de máis de 600.000 euros, completouse coa urbanización do espazo.

O proxecto completo inclúe 456 panteóns con 1.824 nichos e de 256 columbarios distri-buídos en 64 columnas. O goberno municipal pretende acometer a segunda fase o an-tes posible para poder atender a gran demanda. Ata hoxe lévanse recollidas 326 solici-tudes.

Así mesmo, nos vindeiros días sairán a contratación os traballos de conservación, man-temento e servizos funerarios do cemiterio municipal, cun orzamento de licitación de 197.800,67 euros para un período de catro anos.